demanda de servizo, activa

TERRA PARA XARDÍN

Preciso uns 80 litros de terra para rechear o meu pequeno xardín, me encargo eu de recollela e cargala.

Gracias!!!!

BUSCO UN ALBAÑIL

URXENTE- Necesito o servizo dun albañil para cambiar plaquetas da cociña que están soltas. A cambio podría regalar productos ecolóxicos; un cuadro de frores en tonos roxos e azul ó unha colchoneta de camping para dous.

 

GRACIAS

casas de acollida temporais para animais

na protectora de animais abandonados de Ponteareas precisamos de espazos nos que poder coidar animais enfermos mentres se recuperan ou con algun problema como cadelas en celo, cans moi pekeniños...

tamen precisamos voluntarios/as para a limpeza diaria do refuxio

 e por suposto precisamos adoptantes e persoas que fagan labor de divulgación da situación de colapso constante das protectoras, contra a merca de animais e dos beneficios da esterilización tanto para a saúde dos animais como para evitar os abandonos

Furgoneta

 

 

Precisaba unha furgoneta para levar un somier ata casa dos meus pais, estamos só a quince minutos.

se queredes algo a cambio pedide, xa se nos ocurrira algo

saudos

Lau

clases de informàtica

Gustarìame recibir clases de informàtica,

a cambio de Reiki,conversa en inglès,facer algùns recados

ou xa se verìa.

Graciñas

trela

Busco alguén que saiba algo de mecánica

Ola!

Estou buscando unha furgoneta de segunda man para mercar máis non teño nin idea de mecánica.

Gostaríame atopar a alguén que viñera conmigo a probar as furgos e mirar un pouco por enriba o estado de mecánica. Sería concertar unhas cantas citas no mesmo día e ver qué tal están. 

 

proxecto gato,

v7f1.jpg

Bos días

Proxecto Gato dende hai xá un ano está a ocuparse dos gatos rueiros e abandoados de Vigo.

Ata onte tiñamos un veterinario pagado polo concello pero non tiñamos quirófano, tiñamos que esterilizar ós gatiños no zoo.

Dende hoje temos quirófano mais non temos veterinario nin diñeiro para pagalo .

Se hai algún veterinario na sala que quera colaborar connosco na esterilización dos gatiños rueiros de vigo pode porse en contacto connosco tanto por aquí como ligando para o 648 508 108 (Susi).

Retoque frotográfico ou toma de fotografías

Ola,

Estou pensando en facer tres cadros pequenos para decorar a miña cociña. Gústanme os cadros de verduras e froitas; eses nos que aparece unha mazá ou dúas fresas. Por iso estou a darlle voltas á idea de empregar as froitas e verduras do meu propio horto para facer eses tres cadriños. 

O problema é que non entendo nada de fotografía, nin tampouco de retoque fotográfico polo que posiblemente o resultado non sería moi bo. 

Algúén pode facerme un bordado sinxelo?

 

Precisaba que me bordaran unha florciñas de cores moi sinxelas e unha inicial, a cambio podo facerche un colar tradicional  con boliñas de cristal azabache e prateadas:exemplo de colar tradicional 

Buscanse persoas interesadas en colaborar en proxectos e actividades do CSA A Formiga

O Centro Socual a formiga pretende ser un proxecto de autoxestión, difusión e intercambio de cultura livre, un espazo de encontro e debate en prol dun cambio social efectivo.

 

Precisamos de persoas interesadas en colaborar nesta iniciativa xa sexa de forma puntual participando ou organizando algunha actividade en concreto, coma de xeito máis habitual entrando así a formar parte da asamblea . Estas son totalmente abertas polo que non se perde nada por probar :)