Recursos de Verdegaia

En Verdegaia dispoñemos de bastante material para actividades ao aire libre ou que precisen dunha axeitada protección. Boa parte é material sobrante do Prestige, que poñemos á disposición daqueles colectivos que o requiran:

- Botas de auga (tallas 40, 42, 43, 44, 45, 46, uns 8 pares de cada).

- Traxes de auga en amarelo e verde (tallas M, L, XL, XXL, uns 10 de cada).

- Guantes vermellos, de goma, resistentes.

- Traxes branxos dos que se usaron para o Prestige, uns 50.

- Mascarillas de papel (unhas 8 caixas de 50).

- Mascarillas de goma (unhas 40).

- Pantalóns e petos amarelos de auga (tallas soltas, sobre todo xl).

  Se alguén precisa destes materiais, poñédevos en contacto con nós!

 

Comentarios

luvaS

pasatem 19. Febreiro 2008 - 16:22

estou interesado nas luvas de goma esas, estaba achando en mercar uns para os meus traballos electricos

Luvas

Verdegaia
Imaxe de Verdegaia
19. Febreiro 2008 - 18:11

Home, pasatem, en principio esas luvas (e o material desta sección en xeral) son recursos para compartir entre os coletivos. As luvas, os petos e demáis son para cando haxa que facer traballos comunais, tipo plantacións, limpezas e cousas desas.

Verdegaia

Transforma con nós

Botas de goma

ivaney 30. Xullo 2010 - 17:03

Ola

Interesanme unhas botas do Nº 45

podo cambiar por sementes...

colavoro coa rede de permacultura

apertas